quen son?
Vigo, Galiza
alberte_mera at hotmail.com
estu
dante de comunicación audiovisual en Pontevedra
21 anos
gosto do cine e a arte, non só de ver senón sobre todo de facer, do ska, do punk clásico, do folk progresivo… pero sobre todo considérome un ser social, por iso que me mola estar coa xente, falar e falar…. por iso me encantan os xantares longos e abundantes, o vivir máis de noite ca de día, e dos cafés de tarde….
Son membro dos Comités, a nova organización galega do estudantado, porqueconsidero que o estudantado só organizado é quen de facer que a Universidade defenda os nosos intereses e non tratarnos coma mercadoría laboral. Así mesmo, os ccomités construímos día a día un ensino galego, público, democrático e de calidade.
Tamén son membro de Galiza Nova, a organización da mocidade galega e xuventudes do BNG, porque quero que no meu país existan posibilidades para vivir @s moz@s, sen termos que emigrar a estudar carreiras que en Galiza non hai ou en busca de ofertas culturais, postos laborais e mellores cotas salariais.
O galego é idioma propio e natural do meu país, é a miña lingua materna. Por ser monolíngüe consciente en galego non son analfabeto integral como apontan diversas organizacións insultantes, pois tamén domino español, inglés, francés e se me apuras, portugués; coma calquera mozo e moza da Galiza. O galego debe ser a lingua vehicular das institucións e do pobo galegos, por iso urxe unha acción normalizadora idiomática, e a defensa dos dereitos do gaego, como fai infatigabelmente a Mesa pola Normalización Lingüística.
















