romasanta, o lobishome está na Galiza


marzo 21st, 2008

“Por culpa de la maldición de uno de mis parientes, tal vez mis padres, me convertía en lobo, desnudándome primero y revolcándome después por el suelo hasta tomar dicha forma… pero la maldición terminará el día de San Pedro, cuando se hayan cumplido trece años desde mi primera metamorfosis…”

O luns, despois de star a facer zaping con CSI e jorquera no hai debate , ía apagar a tele cando a pantalla fundiu a negro, para dar paso ao logo de filmax e o da xunta de Galiza. Volvín sentar no sofá con estraña inquietude, a ver que peli cultureta ían botar a esas horas, e xa tiña claro que coma for outra cousa máis sobre os rexionalistas ou cantares gallegos marchaba pra cama. Pero entón apareceron os créditos de Elsa Pataky e Paco Plaza, e claro, a miña disposición xa cambiou. Acomodei no sofá agora con espectación, despois de ter visto REC interesábame coñecer algo máis da filmografía de Paco Plaza. Entón apareceu o título, Romasanta, rapidamente, pois nin puta idea. Entón unha voz en off sitúanos na Galiza de 1850, e basicamente xa foi cando flipei de todo, bueno un director de fóra que vén facer unha peli á Galiza ambientada hai séculos, e bue, a dirección artística moi boa, moi ben ambientada na época, moi coidados tanto as casas, coma os interiores, os traxes populares da época e máis os chuvasqueiros de entón (semellaban maios andantes hehe). O meollo do filme era unha vila do interior rural, amedrentada polos brutais ataques de lobos. Ninguén se atrevía acruzar o bosque. Pero o que ninguén se esperaba é que os asasinos non foran estas bestas, senón outro tipo diferente de besta: o libishome, Don Manuel Blanco de Romasanta. Nado o18 de novembro de 1809 na aldea ourensá de Regueiro. Nun principio a partida de nacemento puña Manuela xa que se pensara que era unha nena. Era sastre, pero a súa vida cambiou radicalmente cando quedou viuvo. A partires de entón dedicouse á venda ambulante. Os primeiros anos moveuse pola zona e máis tarde abrangueu todo o Reino de Galiza. Todos os lugareños sinalábano coma vendedor de xabrón, que máis tarde se descubriría que proviña do unto ou graxa humana das súas vítimas. A súa fama asasiña fíxolle chegar ser acusado do asasinato dun alguacil. Xulgado e condeado escapou a un refuxio nun pequeno pobo abandoado chamado Ermida. En vista de que estaba en busca e captura comenzaron unha serie de asasinatos empregando todo tipo de estratexias. Namorou da Bárbara (Elsa Pataky), unha rapaza que vivía na vila onde se sitúa a peli. Co transcurso do filme vai desconfiando e as dúbidas sobre a auténtca identidade do seu amante lévana a descubrir quen é el realmente, e máis a percatarse que nese momento era a única supervivinte das súas catro irmás, asasinadas por Romasanta. Dende entón, Bárbara comeza unha persecución por tada a Galiza para dar caza á besta. Foi capturado en Nombela (Toledo) e xulgado en Allariz. Recoñeceu que matara a 9 persoas a sangue fría. Pero o número real de vítimas considerouse que superaba as 15 perosas, entre elas varios nenos. Os escritos xudiciais din que usaba as súas mans e dentes para asasinar ás vítimas, comendo os restos. Segundo as feridas sufridas polas vítimas consideróuselle de ter licantropía, é dicer, ser un lobishome, xa que tales feridas eran como dentadas dos colmillos dos lobos. El mesmo dixo que era vítima dunha maldición cando era adolescente e que tivo alucinacións en que se vía rodeado de lobos despois dos seus asasinatos. Ingresou en prisión en 1854. A mediación da Raíña Iabel II librouno da condea a morte para ser engaiolado de por vida. Pero pouco despois de entrar na cadea desapareceu e nada se soubo del. Manuel Blanco Romasanta, foi ademai o instgador da lenda de “o Home do saco” ou “sacamantecas”coa que se amdrentou aos nenos tamén alén da Galiza dende entón.

Dirección: Paco Plaza. País: España. Año: 2004. Duración: 98 min. Interpretación: Julian Sands (Manuel), Elsa Pataky (Bárbara), John Sharian (Antonio), Gary Piquer (Luciano de la Bastida), David Gant (Profesor Philips), Maru Valdivieso (María), Laura Mañá (Antonia), Luna McGill (Teresa), Carlos Reig (Gómez), Reg Wilson (Juez), Ivana Baquero (Ana). Guión: Elena Serra y Alberto Marini; basado en un argumento de Alfredo Conde a partir de su novela “Romasanta. Memorias inciertas del hombre lobo”. Producción: Julio Fernández.

date
 

un saúdo para toda a xente


marzo 17th, 2008

Ola! con saúde para tod@s comezo a miña primeira andaina polo mundo dos blogues. Seica é tarde de máis, sobre todo despois de andar a ter myspaces ou fotolog… pero o certo é que botaba de menos un espazo tamén distendido para falar de cousas máis interesantes ca noutros espazos virtuais. No fondo, botaba de menos aportar dende o meu, dende a célula que cada un  supón no vertebrado da sociedade, unha minima intención persoal de ir creando espazos de liberdade (tamén no virtual) para avanzarmos cara as máis de mil reflexións que a xente e tod@s nós desexamos, xente dun país que arela emanciparse no social e no nacional. Agardo que este blog non decaia nesas espectativas e se reflicte nel o que antes apontaba, por suposto coa vosa participación!.

en fin…. hoxe é un dia deses (de moitos) que non se me ocorre nada que dicer (a verdade, penso que falo pouco; pero bue, aí estades os q dicides que falar, falo moito, pero iso, despaciño jeje) así que xa dou por pechada a miña primeira entrada do meu primeiro blog.
saúde e felicidade

….. e cal é o mellor xeito para enviarvos un saúdo? pois eis a peón coa que para min é dos mellores temas, un saúdo pra todo@s!!!

date