até sempre comandante!

Este 14 de xuño xa irán 80 anos do chegada ao mundo de quen sería unha das persoas chaves no século XX.
Non son eu de ensalzar ás xentes, senón de dar a importancia causal dos feitos e cambios á masa popular que é a protagónica. Mais sería inxusto non recoñecermos a aqueles e aquelas que deron e dan a súa vida pola transformación social mundiial.
80 anos do seu nacemento e 41 do seu pasamento, morreu moi noviño o Comandante Ernesto Guevara, pero detrás do seu corpo asasinado quedou unha estela coma legado e herdanza para todos os humanos, un camiño de terra liberada construído lousa a lousa, con mans humanas, dende o compromiso individual e a loita colectiva.
Un camiño que é o exemplo para todos e todas nós, dende as proles e os ilotas até os acomodados en casas de ananos.
Un camiño que non está só dedicado aos arxentinos nin aos cubanos, prque Ernesto é de todos nós, porque Ernesto é de todos os povos, porque por eles loitou e deu a súa vida.
Por iso que o Che tamén é noso, da mocidade galega, porque nos seus discursos ás mocidades revolucionarias polo mundo enteiro ensinounos a importancia de organizarmos para loitar polo noso futuro, para impedir ser tratados coma mercadoría en tempos de capitalismo feroz, coma man de obra barata, coma máquinas sen sentimentos… Ernesto falou de organización coma ferramenta dos mozos e mozas para crear un futuro en que poder vivir con dignidade.
Pero sobre todo, es da mocidade galega, porque ensinaches á xente nova a viver, pensar, sentir, disfrutar e loitar coma tales, a non ser vellos nin amargados en corpos de mozos.
A ti Ernesto, todos te dicimos
HASTA SIEMPRE, COMANDANTE!
ATÉ SEMPRE, COMANDANTE!
“la insistencia que continuamente les he hecho, es para que no dejen de ser jóvenes, no se transformen en viejos teóricos, o teorizantes, conserven la frescura de la juventud, el entusiasmo de la juventud”
(fragmento do discurso de clausura do seminario “La juventud y la Revolución “, organizado pola UJC del Ministerio de Industrias, 9 de maio de 1964).
















