29 DE ABRIL: FOLGA ESTUDANTIL!
Ξ abril 22nd, 2008 | → 3 Comments | ∇ social |

paremos a suba das taxas
defender a universidade pública é parar Boloña
O motivo que nos leva aos estudantes e aos CAF a convocar a segunda folga contra as taxas do presente curso e desenvolver de novo unha campaña de información e mobilización do estudantado é porque supón unha suba excesiva de un 1´6% por riba do IPC español que este ano subiu un 2´4%, mentres que o galego subiu un 2%. Polo tanto, o prezo que pagamos os estudantes galegos por cada crédito en que nos matriculamos este ano sube un 4% en relación ao curso pasado, pois sumamos a suba de 1´6 das taxas máis o 2´4 do IPC español.
Coma sempre e outra vez, en Galiza saímos pagando máis en relación ao noso IPC.
É o 6º ano consecutivo en que as taxas suben por riba do IPC. Subíu tanto co PP como agora o fai co PSOE na Consellaría de Educación. Neste tema, énos imposíbel para o estudantado notarmos un cambio de governo.
Que paguemos máis non se reflicte nunha mellora de servizos: a reprografía do campus é deficiente e desbórdase pola demanda, o comedor pois máis do mesmo, os materiais que empregamos en audiovisual, en pubblicidade, en vbelas artes, NON SON SUFICIENTES…
Pq é mentira que esta suba non se note, e máis cando somos estudantes quen pagamos.
Só nunha xeración de licenciados, é dicir, en 5 anos, o prezo das taxas sube en 120 euros, e contando que esta sexa das matrículas máis baratas.
Como dixemos, a 1º matrícula é un 4% máis cara que o curso pasado, a 2º matrícula sube un 15%. A 3ª pasa dun 25 a un 35%. Dende a 3ª sube un 50%.
Reclamamos que o financiamento da Universidade debe basearse nun Plan de financiamento público e non a costa os estudantes, que nós teñamos que ser quen sosteñamos o ensino público, elimínalle este adxectivo para dotalo do PRIVADO.
Grazas a masiva mobilización do estudantado galego o 31 de Outubro pasado e á recollida de máis de 10 000 sinaturas de estudantes dos sete campus galegos contra a suba das taxas de matrícula para o presente curso, abriuse un proceso de negociación entre a nosa organización e Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario Galego para o Decreto Galego de Prezos Públicos 2008/2009, mais a Consellaría de Educación manten a súa intención de subir as taxas (incluso por riba do IPC) e manter os recargos na 2ª, 3ª e 4ª matrícula.
Por iso, esta folga ten un claro perfil de presión á Consellaría en datas en que se levará a cabo esa negociación.
Porque esta forma que temos o estudantado dos CAF de defender o ensino público coma tal, é a forma máis práctica e eficiente para parar Boloña, ou no seu defecto, evitarmos os seus aspectos máis negativos coma o endebedamento progresivo da mocidade estudantil e a elitización do ensino.
ánimo e á loita!!!!
COS COMITÉS NA RÚA, A LOITA CONTINÚA!!!!!!!!!!!
………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………… eis o video promocional da anterior folga do 31 de Ouubro, feito polo Comité de CC. da Comunicación de Pontevedra.
ver nova en: http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=955&Itemid=25
máis información: www.comitesabertos.org










